Sexeniodemocratico

SEXENIO DEMOCRÁTICO

  • Period: to

    O goberno provisional de 1868-1871

    O Goberno Provisional de 1868-1871 foi o executivo transitorio que se formou en España tras o trunfo da Gloriosa, creouse coa misión de democratizar o sistema político, Constitúe o primeiro período do Sexenio Democrático.
  • Period: to

    A Revolución de 1868 "A Gloriosa"

    A Revolución de 1868, chamada a Gloriosa ou Revolución de Setembro, tamén coñecida pola Setembrina, foi unha sublevación militar con elementos civís que tivo lugar en España e supuxo o destronamento e exilio da raíña Isabel II e o inicio do período denominado Sexenio Democrático.
  • Batalla de Alcolea

    Batalla de Alcolea
    A batalla da ponte de Alcolea enfrentou aos militares sublevados contra a raíña Isabel II e ás tropas realistas que se mantiñan fieis a súa autoridade.
  • Period: to

    A Monarquía de Amadeo I

    O reinado de Amadeo I foi o primeiro intento na historia de España de poñer en práctica a forma de goberno da monarquía parlamentaria, aínda que foi un fracaso, xa que só durou dous anos.
    Amadeo contou co apoio de progresistas, unionistas e demócratas, e o goberno puxo en marcha novas medidas para a recuperación económica e para a democratización real do país.
  • Asasinato de Prim

    Asasinato de Prim
    O seu asasinato ocurreu nun momento moi importante, transcurriran 2 anos dende que fora derrubada Isabel II. A intención do parlamento era manter unha monarquía democrática, pero foi desexo de Prim que nunca un Borbón volvera a ser o xefe do estado. Comezaron a buscar rei... e ao fin o parlamento decidiu democráticamente que sería un príncipe italiano. O novo monarca embarcou, o 27 de decembro rumbo a Cartaxena, pero esa tarde o xeneral Prim morre asasinado.
  • Period: to

    A Primeira República

    Foi o réximen político vixente en España dende a súa proclamación polas Cortes, o 11 de febreiro de 1873, ata o 29 de decembro de 1874, cando o pronunciamento do xeneral Martínez Campos deu comezo á restauración da monarquía borbónica. O período estivo marcado por tres conflictos armados simultáneos: a terceira guerra carlista, a sublevación cantonal e a Guerra dos Dez Anos cubana.
  • Restauración borbónica

    Etapa política da historia de España desenrolada baixo sistema monárquico que se estendeu entre finais de 1874 e 1931. O nome alude á recuperación do trono por parte dun membro da Casa de Borbón, Afonso XII, despois do Sexenio Democrático.
  • Golpe de Estado de Pavía

    Golpe de Estado de Pavía
    O golpe de Estado de Pavía foi un golpe de Estado que se produciu en España durante a Primeira República e que estivo encabezado polo xeneral Manuel Pavía. Consistiu na ocupación do edificio do Congreso dos Deputados por gardas civís e soldados cando se estaba procedendo á votación dun novo presidente do Poder Executivo da República. O obxectivo do golpe era impedir que Castelar fora desaloxado do goberno
  • Pronunciamento de Martínez Campos

    Pronunciamento de Martínez Campos
    Pronunciamento feito polo xeneral Arsenio Martínez Campos en Sagunto, que supuxo a Restauración borbónica en España, o fin ao Sexenio Democrático e o fin da Primeira República Española.