Historical people collage 552

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO.

  • SÉCULOS DAS LUCES: A ILUSTRACIÓN.

    SÉCULOS DAS LUCES: A ILUSTRACIÓN.
    Durante o século XVIII xorde un movemento intelectual que non pon en dúbida e critica o que se viña en chamar Antigo Rexime. Os ilustrados pensaban que podían iluminar o mundo coas luces da razón.
  • A CONTRUCCIÓN DO MUNDO CONTEMPORÁNEO.

    A CONTRUCCIÓN DO MUNDO CONTEMPORÁNEO.
    Durante aproximadamente un século, unha nova clase social -a burguesía- foi levando a cabo dous tipos de transformacións.
    -Económicas, a revolución industrial.
    -Políticas, as revolucións, primeiro en Francia (1789) e logo no resto de Europa (1820, 1830, 1848).
    Consolidan así a súa ideoloxía económica e política: o Liberalismo.
  • A ÉPOCA DOS IMPERIALISMOS E A 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

    A ÉPOCA DOS IMPERIALISMOS E A 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.
    Ao longo do s XIX a sociedade foi mudando. Podemos dicir que se formaron dúas clases sociais: a burguesía e o proletariado, a clase obreira. Os primeiros buscan manter o seu poder e aumentar os seus capital; os segundos, mellorar as súas condicións de vida e traballo.
    Nesta etapa, lévase a cabo unha segunda revolución industrial que cambia o mundo: o petróleo, a electricidade, o motor de combustión interna, o automóbil....
  • DA PRIMEIRA Á SEGUNDA GUERRA MUNDIAL.

    DA PRIMEIRA Á SEGUNDA GUERRA MUNDIAL.
    Debido a rivalidades entre as potencias europeas, estala a I Guerra Mundial. Mentres tanto, en 1917 os bolxeviques poñen fin ao réxime dos tsares en Rusia: e a Revolución – comunista – rusa.
    Unha vez rematada a I Guerra Mundial e debido á situación en Europa, agravada pola gran crise económica de 1929, crecen as ideoloxías totalitarias que conducen a unha rúa sen saída: a II Guerra Mundial (1939 – 45).
  • CARA AOS XXI

    CARA AOS XXI
    Da II Guerra Mundial saíron dous grandes vencedores: EE.UU. e a URSS , que se ven enfrontadas na chamada Guerra Fría, cun escenario principal en Europa e outros secundarios.
    Mentres, nos anos sesenta, os países africanos e asiáticos colonizados no s XIX polas potencias europeas, comezan os seus proceso de independencia.
    O 11 setembro de 2001 un ataque de Al Qaeda ao World Trade Center de Nova York.
  • ACTUALIDADE.

    ACTUALIDADE.
    Nos últimos anos, a globalización, a tecnoloxía dixital, internet fixeron do mundo o que algúns denominan unha “aldea global“. Pero nun mundo que acadou tal grao de avance económico, industrial, científico e tecnolóxico, aínda hai case mil millóns de persoas que pasan fame, grandes desigualdades, o cambio climático, o problema dos residuos ...