Barrio de la moureira

Persoeiros da Moureira e vida

By Iago T.
  • 1532

    Nacemento de Pedro Sarmiento de Gamboa

    Nacemento de Pedro Sarmiento de Gamboa
    A data é incierta, entre os anos 1530 e o 1532 e tamén o lugar porque non sabemos con seguridade se foi en Pontevedra ou en Alcalá de Henares.
  • 1550

    Pedro Sarmiento de Gamboa fai o servizo militar aos 18 anos

    Pedro Sarmiento de Gamboa fai o servizo militar aos 18 anos
    Con 18 anos vaise da casa do pai, na Moureira, e fai o servicio militar
  • 1555

    Pedro Sarmiento reside en México

    Pedro Sarmiento reside en México
    En 1555 cruzou o océano Atlántico ata México onde viviu durante dous anos. Alí chegou a ter problemas coa Inquisición debido á parodia dun Auto de Fe. Foi sentenciado a recibir azotes na praza de Puebla e, probablemente, ao desterro.
  • 1557

    Pedro Sarmiento en Perú

    Pedro Sarmiento en Perú
    Despois de México viaxou a a Perú onde viviu máis de vinte anos. É posible que completara a súa formación mariñeira estudando cosmografía, xeografía e náutica convertindose, en notable soldado, experto mariño, reputado xeógrafo e perito en astronomía.
  • 1565

    Pedro Sarmiento de expedición polo Pacífico

    Pedro Sarmiento de expedición polo Pacífico
    En Perú non remataron os problemas coa Inquisición que chegou a sospeitar que se adicaba á feiticería e nigromancia. O 8 de maio de 1565 foi condenado pola Inquisición ao desterro, pero o arcebispo trocoulle a pena para que integrara a expedición ao océano Pacífico que finalmente descubriría as illas Salomón.
  • 1567

    Pedro Sarmiento nas illas Salomón

    Pedro Sarmiento nas illas Salomón
    Sarmiento de Gamboa foi nomeado capitán e cosmógrafo dunha das naves que buscaban unhas illas no Oeste que estaban cheas de ouro según unha lenda inca. Partiron con dúas naves e 160 homes. Descubrion as illas Salomón e estiveron durante un ano explorándoas, ata que regresaron a Perú sen ouro e sen cumprir o mandato de poboar as illas. Sarmiento impresionou ao virrei pola claridade das súas argumentacións sobre os feitos vivios, polo que foi absolto de todo cargo.
  • 1569

    Gonzalo García de Nodal naceu en 1569

    Gonzalo García de Nodal naceu en 1569
    Nace en Pontevedra no arrabal da Moureira
  • 1570

    Pedro Sarmiento recorre Perú

    Pedro Sarmiento recorre Perú
    Pedro Sarmiento participa nunha expedición organizada polo virrei Francisco Álvarez de Toledo por todo Perú para escribir a "Historia índica", obra que se compón de tres partes: a primera consiste nunha descripción xeográfica do territorio, a segunda, a historia dos incas, e a terceira, o descubrimiento e conquista polos españois ata o ano 1572. Con este traballo o virrei centralizou os aspectos esenciais da administración xeral do país e estableceu as bases do virreinato de Perú.
  • 1574

    Bartolomé García de Nodal naceu en 1574

    Bartolomé García de Nodal naceu  en 1574
    Nace en Pontevedra no arrabal da Moureira
  • 1577

    Pedro Sarmiento contra Francis Drake

    Pedro Sarmiento contra Francis Drake
    En 1577 a reina Isabel I de Inglaterra deulle a Francis Drake patente de corso para atacar intereses españois no Pacífico. Este partiu con catro naves, pero só salvou unha tras pasar o estreito de Magallanes. Atacou varios portos de Chile e Perú. Sarmiento encabezou unha expedición de castigo que non logrou atopalo.
  • 1579

    Pedro Sarmiento explora o estreito de Magallanes

    Pedro Sarmiento explora o estreito de Magallanes
    En 1579 o virrei ordenoulle alistar dúas naves para explorar o estreito de Magallanes na procura de lugares axeitados para asentar poboación e fortes con artillería para pechar esa ruta as enemigos de España.
    Durante máis dun ano explorou os canais da Patagonia e o estreito de Magallanes con dúas naves. Despois de varias expedicións por esas terras dirixiuse a España para presentarlle ao rey un proxecto para a defensa do Estreito.
  • 1581

    Pedro Sarmiento gobernador e capitán xeral do Estreito

    Pedro Sarmiento gobernador e capitán xeral do Estreito
    O rei Felipe II de España aprobou o proxecto de establecer un forte no estreito de Magallanes para controlar ese paso estratéxico do Virreinato do Perú. Saíron ata 23 naves de Sanlúcar de Barrameda o 25 de setembro de 1581. A expedición sufriu mil e un problemas polo mal tempo e, dous anos e medio despois Sarmiento desembarcou o 4 de febreiro de 1584 e tomou posesión desas terras no nome de España. Fundou a cidade do Nome de Xesús, a primera e máis austral cidade do mundo nesa época.
  • Pedro Sarmiento apresado polos ingleses

    Pedro Sarmiento apresado polos ingleses
    El 22 de junio de 1586 emprendeu o regreso a España nunha nave mercante pero na viaxe a nave foi atacada por tres buques ingleses de Walter Raleigh. A raíña Isabel I de Inglaterra deixouno en liberdade coa obriga de transmitirlle unha misión ao rei de España.Os problemas reanudáronse porque foi atrapado en Francia polos hugonotes e retido varios anos. Logrou regresar dez anos despois.
  • Pedro Sarmiento morre perto de Lisboa

    Pedro Sarmiento morre perto de Lisboa
    O rei Felipe II nomeono Almirante da flota que protexía as naves de Indias. O 17 de xullo de 1592 faleceu mentras dirixía unha flota perto de Lisboa onde repousan os seus restos.
  • Os irmáns Nodal saíron cara o Estreito de Magallanes

    Os irmáns Nodal saíron cara o Estreito de Magallanes
    O rei Felipe III encargoulles recoñecer o estreito de Magallanes. Construíronse dúas naves que capitaneaban cada un dos irmáns. Saíron de Lisboa o 27 de setembro de 1618. .
  • Os irmáns de Nodal, expedición no 1619

    Os irmáns de Nodal, expedición no 1619
    Expedición de exploración, na que recoñeceron o Estreito de Magallanes
  • Os irmáns Nodales adentráronse no estreito de Le Maire.

    Os irmáns Nodales adentráronse no estreito de Le Maire.
    Adentráronse no estreito, e o nomearon como estreito de San Vicent
  • Os irmáns Nodales descobren as illas de Diego Ramírez

    Os irmáns Nodales descobren as illas de Diego Ramírez
    O 10 de febreiro descubriron no sueste do cabo de Fornos as illas Diego Ramírez.
  • Publicación dun diario dos irmáns Nodal

    Publicación dun diario dos irmáns Nodal
    Os dous irmáns publicaron o diario da súa expedición co título: "Relación del viaje hecho por los capitanes Bartolomé García de Nodal y Gonzalo de Nodal, hermanos, naturales de Pontevedra, para el descubrimiento del nuevo estrecho, Madrid, 1621
  • Morte no Atlántico de Gonzalo García de Nodal

    Morte no Atlántico de Gonzalo García de Nodal
    Unha nova expedición saiu de Sanlúcar de Barrameda o 13 de outubro de 1622 con 3 navíos, 133 marinos y 400 pobladores para percorrer a mesma ruta do novo estreito (que leva o nome do seu descubridor Estreito de Le Maire) e socorrer aos colonos sitiados polos araucanos. Dous barcos naufragaron e os irmáns Nodal perderon a vida.
  • Falecemento de Bartolomé García de Nodal

    Falecemento de Bartolomé García de Nodal
    Bartolomé faleceu o 5 de setembro de 1622 nos caios de Matacumbé e la Tortuga, a 30 leguas da Habana, no naufraxio do galeón Nuestra Señora de Atocha.
  • Benito Soto Aboal naceu o 22 de marzo de 1805

    Benito Soto Aboal naceu o 22 de marzo de 1805
    Nace no barrio da Moureira en Pontevedra
  • Benito Soto faise pirata

    Benito Soto faise pirata
    Despois de amotinarse contra o capitán do barco "El Defensor de Pedro", que partira de Río de Xaneiro en 1827, Soto Aboal
    adicouse á piratería.
  • Benito Soto ataca o Morning-Star

    Benito Soto ataca o Morning-Star
    Cando chegan á illa da Ascensión dan caza á fragata inglesa Morning-Star. A actitude violenta dos mariñeiros levou á morte a moitos dos tripulantes. Sen embargo lograron regresar a Londres para denunciar o caso.
  • Benito Soto viaxa á ría de Pontevedra

    Benito Soto viaxa á ría de Pontevedra
    De camiño á ría de Pontevedra, onde Benito Soto pensaba vender como contrabando a mercancía robada, atacaron a varios barcos ingleses e americanos.
  • Benito Soto viaxa a Xibraltar

    Benito Soto viaxa a Xibraltar
    Na viaxe a Xibraltar embarrancan na costa de Cádiz. Logran burlar inicialmente a xustiza, pero axiña provocan sospeitas que fan que Soto e tres mariñeiros fuxan a Xibraltar.
  • Morte de Benito Soto en Xibraltar o 25 de xaneiro de 1830

    Morte de Benito Soto en Xibraltar o 25 de xaneiro de 1830
    O capitán Soto foi apresado e condenado a morte na forca en Xibraltar pola execución ou ordenamento de 75 asesinatos comprobados e 10 embarcacións saqueadas ou afundidas.
  • Ricardo Martínez "O Panderetas"

    Ricardo Martínez "O Panderetas"
    Naceu o 7 de febrero de 1853 no arrabal da Moureira. Foi mariñeiro desde moi novo. Casou con Francisca Oganda García tivo con ela 12 fillos. Chegou a ser vigairo dos mariñeiros da Moureira e tiña o privilexio de levar o cetro de Teucro na procesión do Corpus. O cetro representaba a Hércules sentado sobre o león de Nemea.
  • Cadro de José Llasera Díaz do Panderetas

    Cadro de José Llasera Díaz do Panderetas
    O pintor madrileño Llasera Díaz coñece a Ricardo Martínez nunha estadía en Pontevedra e plasma nun cadro á súa maxestuosidade con cetro de Teucro e a basílica de Santa María ao fondo.
  • Debuxo de Castelao do Panderetas

    Debuxo de Castelao do Panderetas
    No xornal vigués "Galicia" Castelao publica un retrato do Panderetas co cetro de Teucro que representa ao vigairo coa súa barba branca e as súas mellores galas.
  • Cadro de Antonio Medal do Panderetas

    Cadro de Antonio Medal do Panderetas
    No Museo de Pontevedra pódese ver o cadro que o pintor de Ponteareas fixo do Panderetas vestido coas roupas do mar e acompañado dun neno que representa a súa propia nenez, Ao fondo, o arrabal da Moureira.
  • O Panderetas reclama o tesouro de Benito Soto

    O Panderetas reclama o tesouro de Benito Soto
    No ano 1926, cando a consecuencia da explosión dun barreno nas obras de destierre para a construcción dos malecóns na Moureira, apareceu un arca que moitos consideraron de Benito Soto o señor Ricardo reclamou ante a Policía que aquel cofre pertencía á familia García que era a da súa muller.
  • Morte de Ricardo Martínez, o Panderetas

    Morte de Ricardo Martínez, o Panderetas
    Sumido nunha progresiva senilidad morre con 82 anos