Movemento obreiro

  • Period: to

    Manifestacións luditas

    Manifestación polo descontento da clase obreira británica, que comezaron coa rotura por parte de Ned Ludd (ludismo) de dous teares mecánicos en 1779. A partir deste feito sucedéronse diversas manifestacións contra o emprego das novas máquinas, transcurridas ata arredor de 1816.
  • Period: to

    Revolución francesa

    Modelo de revolución liberal que supuxo unha ruptura moi violenta coa orde existente, o que orixinou cambios como a conquista de poder por parte da burguesía, o desprazamento da aristocracia, a aparición dunha sociedade máis dinámica e aberta ou a abolición do feudalismo (Lei Le Chapelier).
  • Period: to

    Lei Le Chapelier

    Lei promulgada en Francia o 14 de xuño de 1791 (que recibe este nome por Isaac le Chapelier, quen participou na lei que o 4 de agosto de 1789 na Asemblea Nacional aboliu o feudalismo), en plena Revolución francesa, e que instaurou a liberdade de empresa e prohibiu os gremios laborais de calquera clase. É recoñecida polo seu efecto de prohibir a liberdade de asociación.
  • Toma da Bastilla

    Toma da Bastilla
  • Lei Le Chapelier

    Lei Le Chapelier
  • Period: to

    Combination Acts

    Leis inglesas que inicialmente prohibiron e máis tarde regularon as asociacións de traballadores e o dereito á folga.
    Permitiron a persecución sindical, especialmente a dos líderes obreiros, e propiciaron que os movementos contra o maquinismo, como o ludismo, se moveran na clandestinidade.
    Estas leis foron derogadas en 1824. Este feito ten grande importancia dentro da historia do sindicalismo, ao converterse no primeiro país que permitiu a constitución de asociacións obreiras.
  • Primeiro sindicalismo

    Primeiro sindicalismo
  • Ludismo

    Ludismo
  • Primeira revolución liberal

    Primeira revolución liberal
  • Period: to

    Primeira onda revolucionaria

    Durante a década de 1820, a represión polas autoridades absolutistas obrigou aos revolucionarios a organizarse en sociedades clandestinas.
    Entre 1820 e 1824 esta estratexia correu por algúns países de Europa, triunfando por curtos períodos de tempo nalgúns como España ou Portugal, ata que os partidarios revolucionarios foron detidos, axustizados ou tiveron que fuxir ao exilio.
  • Trade Union

    Trade Union
  • Period: to

    Trade Unions

    A derogación en 1824 das Combination Acts de 1799-1800, que prohibían as asociacións, permitiu o desenvolvemento das Trade Unions, organizadas sectorialmente.
    Os intentos de fusionalas nunha "General Union" conlevaron á formación da "National Association for the Protection of Labour"(1830) e posteriormente á "Great Trade Union" fundada en 1834 coa participación de Robert Owen, pero que non tivo gran implantación fora de Londres, no contexto do movemento cartista.
  • Segunda revolución liberal

    Segunda revolución liberal
  • Period: to

    Segunda onda revolucionaria

    Iniciouse en Francia en 1830, onde se derrocou a Carlos X e se implantou unha monarquía liberal con Luís Filipe de Orleáns como rei.
    Como resultado, nalgúns dos outros países europeos que se uniron a esta estratexia desapareceron os réximes absolutistas e impuxéronse gobernos liberais moderados.
  • Cartismo

    Cartismo
  • Period: to

    Movemento cartista

    Movemento popular radical que xurdiu en Reino Unido desde 1836 ata 1848 e que expresaba a axitación da clase obreira debido aos cambios derivados da Revolución Industrial, a conxuntura económica e as leis promulgadas polo Parlamento.
    Defendía unha reforma política, electoral e social.
  • "A situación da clase obreira en Inglaterra"

    "A situación da clase obreira en Inglaterra"
    Libro escrito por Friedrich Engels en 1845, que constitúe un estudo sobre as condicións de vida dos traballadores na Inglaterra victoriana.
  • Terceira revolución liberal

    Terceira revolución liberal
  • Period: to

    Terceira onda revolucionaria

    Durante a coñecida como "Primavera dos pobos" ampliáronse as demandas liberais a democráticas e nacionalistas. Tamén apareceron en escena a clase obreira e a ideoloxía socialista, reclamando dereitos como o de reunión, asociación ou o dereito a folga.
  • "O Manifesto Comunista"

    "O Manifesto Comunista"
    Trátase dun manifesto encargado pola Liga dos Comunistas a Karl Marx e Friedrich Engels entre 1847 e 1848 e publicado por primeira vez en Londres o 21 de febreiro de 1848.
    Trátase dun texto no que se reflicten xa as bases do marxismo, incluíndo a concepción materialista da historia.
  • AIT

    AIT
  • Period: to

    Primeira Internacional

    A Asociación Internacional de Traballadores (AIT) ou Primeira Internacional dos traballadores, foi unha organización fundada en Londres en 1864, que agrupou inicialmente aos sindicalistas ingleses, anarquistas e socialistas franceses e italianos republicanos. Os seus fins eran a organización política do proletariado en Europa e o resto do mundo, así como un foro para examinar problemas en común e propoñer liñas de acción. Colaboraron nela Karl Marx, Friedrich Engels e Mijaíl Bakunin.
  • "O Capital"

    "O Capital"
    Obra escrita por Karl Marx en 1867 e que se trata dun texto teórico fundamental na filosofía, economía e política de Karl Marx.
    Como reza o seu subtítulo, un tratado de crítica da economía política; ao mesmo tempo, foi tamén lido como unha obra de filosofía, como un tratado de economía ou como un tratado político sobre as relacións de dominación entre clases, dun lado os proletarios e do outro, os burgueses.
  • Comuna de París

    Comuna de París
  • Period: to

    Comuna de París

    Movemento insurreccional que do 18 de marzo ao 28 de maio de 1871 gobernou brevemente a cidade de París, instaurando o primeiro goberno da clase obreira do mundo, cuxo espíritu era o socialismo autoxestionario.
    Gobernou durante 60 días promulgando decretos como a autoxestión das fábricas abandonadas polos seus donos, a creación de guarderías para os fillos das obreiras ou a abolición dos intereses das deudas.
    Foi reprimida con extrema dureza.
  • Expulsión dos anarquistas da AIT

    Expulsión dos anarquistas da AIT
    O fiasco da Comuna de París agravou os enfrontamentos no seno da Internacional. No Congreso de "La Haya" (1872), os anarquistas foron expulsados da organización, que pasou a ser controlada polos marxistas ata a súa disolución en 1876.
  • PSDA

    PSDA
    O Partido Socialdemócrata de Alemaña é un partido político alemán de ideoloxía socialdemócrata que se fundou en 1875.
    É un dos partidos políticos máis importantes de Alemaña, así como un dos más antigos do mundo.
  • Disolución da AIT

    Disolución da AIT
    A corta traxectoria da AIT explícase, en parte, como consecuencia da dura represión á que foron sometidas as organizacións obreiras despois da Comuna de París (1871), pero tamén da propia incapacidade dos seus membros para resolver as disputas internas.
  • Fundación do PSOE

    Fundación do PSOE
    O Partido Socialista Obreiro Español foi fundado na Casa Labra de Madrid o 2 de maio de 1879. Na súa fundación participaron un grupo de traballadores e intelectuais encabezados polo tipógrafo Pablo Iglesias Posse.
  • Fundación da UXT

    Fundación da UXT
    A UXT foi fundada por un grupo de trinta e dous delegados, representantes de corenta e catro sociedades de oficios, o 12 de agosto de 1888 en Barcelona, durante un congreso obreiro que tivo lugar no Teatro de Jovellanos, coincidindo coa celebración da Exposición Universal de Barcelona de 1888.
  • Segunda Internacional

    Segunda Internacional
  • Period: to

    Segunda Internacional

    A Segunda Internacional foi unha organización formada en 1889 polos partidos socialistas e laboristas que desexaban coordinar a súa actividade. A diferencia da Primeira Internacional, non existía un Consello Xeral que a dirixira, senón que os partidos eran independentes para aplicar a política que decidiran nos seus respectivos Estados.
  • Period: to

    Primeira Guerra Mundial

    A Primeira Guerra Mundial foi unha confrontación bélica centrada en Europa que tivo comezo o 28 de xullo de 1914 e que rematou o 11 de novembro de 1918, cando Alemaña aceptou as condicións do armisticio.
    Recibiu o calificativo de «mundial» porque se viron involucradas todas as grandes potencias industriais e militares da época, divididas en dúas alianzas: a Triple Alianza ( Imperio alemán, Austria-Hungría e Italia) e a Triple Entente (Reino Unido, Francia e o Imperio ruso).
  • Primeira Guerra Mundial

    Primeira Guerra Mundial
  • Internacional Comunista

    Internacional Comunista
  • Federación Internacional Sindical

    Federación Internacional Sindical
  • Period: to

    Federación Internacional Sindical

    A Federación Sindical Internacional foi a asociación internacional de centrais obreiras que funcionou entre 1919 e 1945.
    Foi desde a súa orixe considerada a contraparte sindical da Segunda Internacional ao compartir os seus obxectivos e, en moitas ocasións, dirixentes.
  • Period: to

    Terceira Internacional Comunista

    A Terceira Internacional foi unha organización comunista fundada en Moscú en marzo de 1919 por iniciativa de Lenin e do Partido Comunista Ruso, cuxo obxectivo era loitar pola supresión do sistema capitalista, o establecemento da dictadura do proletariado e da República Internacional dos Soviets, a completa abolición das clases sociais e a realización do socialismo como primeiro paso á sociedade comunista, como fixaba nos seus primeiros estatutos.
  • Xornada laboral de 8 horas en España

    Xornada laboral de 8 horas en España
    España foi o primeiro país do mundo en establecer a xornada laboral de 8 horas.
    Aquel 3 de abril de 1919, o presidente do Goberno español, Álvaro Figueroa Torres, conde de Romanones, firmou o decreto que fixou como máxima a xornada laboral de 8 horas e que recoñecía aos sindicatos con capacidade para a negociación.
  • Period: to

    Fundación da Internacional Obreira Socialista

    A Internacional Obreira e Socialista fundouse en 1923 en Hamburgo (Alemaña) pola fusión da Segunda Internacional e a Unión de Partidos Socialistas para a Acción Internacional.
    Foi a reconstrución da Segunda Internacional, que reunía os partidos socialistas, laboristas e socialdemócrata, a excepción dos afiliados á Comintern.
    Deixou de funcionar a comezos da Segunda Guerra Mundial.
  • Internacional Obreira Socialista

    Internacional Obreira Socialista