literatura galega

  • 500 BCE

    substrato da lingua galega

    Ao substrato da lingua galega pertencen todas as linguas celtas e preceltas. De ambas conservamos palabras de uso común xa que estas serviron de base para poder formar o que hoxe coñecemos como galego
  • 1 CE

    O latín en galicia

    Hai máis de 2000 anos os romanos chegaron a Galaecia, eliminando toda clase de linguas faladas alí no momento. A partir de aquí o latín falado na Galaecia evoluvionaría ata converterse no galego que coñecemos hoxe en día.
  • 400

    linguas xermánicas (superestrato)

    Tras ocupar a Península Ibérica durante máis de 200 anos, os suevos e os visigodos deixaron multitude de palabras que se continúan usando no galego moderno.
  • 800

    Linguas romances e árabes

    Xa no século VIII e IX non se falaba o latín senon que de maneira popular usábanse as linguas romances, ademáis do árabe e mozárabe. Deste xeito o latín soamente usábanse para documentos oficiais.
  • 1000

    O galego na idade media

    Ata o século XV o galego aséntase como a lingua de maior uso de Galicia, chegando a ser usada para numerosos textos ou poemas.
  • 1500

    Séculos escuros

    Cando os reis católicos prohíben o uso do galego, este recae literariamente e pasa a ser usado unicamente de forma oral, pois calquera texto ou poema escribíanse en castelán. Ademáis o Portugués denomínase oficialmente como idioma independete do galego.
  • A ilustración

    Nesta etapa un conxunto de intelectuais galegos intentan arreglar a mala situación que pasa a lingua. Algúns destes son: Frei Benito Xerónimo Feixoo, Frei Martiño Sarmiento, etc.
  • Rexurdimento do galego

    No século XIX comeza a etapa na que o galego revive como lingua, principalmente grazas á axuda de Rosalía, Curros Enríquez e Pondal.
  • O século XX en galicia

    Entre a guerra civil e a ditadura franquista, póñense freno aos avances do século XIX. A pesar disto o galego consegue sair a diante ao volver a democracia. Desta forma é lingua oficial en Galicia ata hoxe en día.
  • A Real Academia Galega

    Fundada no 1906, nace como unha institución coa intención de darle importancia e promover o galego, a parte de velar polo uso do idioma e procurar o uso correcto do idioma a nivel gramatical e ortográfico.
  • As irmandades da fala

    Fundadas polos irmáns Vilar Ponte, son un conxunto de reunións que orixináronse na Coruña no 1916 e que posteriormente expandiríanse por toda Galicia, sempre coa intención de darlle importancia ao galego.
  • O grupo Nós

    Foi un grupo de intelectuais que, publicando na revista nós do 1916 ao 1936 coas intencións de darlle importancia ao galego e conseguir a independencia de Galicia xunto coas irmandades.
  • Intelectuais do grupo Nós

    Otero Pedraio: Ao darse conta da situación de Galicia, o escritor ingresa na idea do Galeguismo para darlle moita importancia ao galego.
    Risco: Impulsor da revista que tras convertirse ao galeguismo, crea o grupo Nós no 1920. Na súa vida cambiou de ideais políticos varias veces: republicano, galeguista e franquista.
    Castelao: Gran impulsor da importancia do galego que escribiu títulos tanto dramáticos como narrativos. Destacou a súa habilidade como debuxante e o seu compromiso polo pobo galego.