Descarga (2)

Galicia: do Antigo Réxime á Sociedade Liberal

  • Period: to

    Fin do Antigo Réxime

    Coa entrada da sociedade burguesa e do liberalismo, comeza a decadencia do Antigo Réxime.
  • Period: to

    Lixeiro crecemento demográfico

    Na segunda metade do século XVIII prodúcese un estancamento da poboación resultado dos desequilibrios existentes entre a poboación e os recursos, que non son suficientes para manter a unha poboación en aumento. Entre 1787 e 1804, houbo unha fase de lixeiro crecemento demográfico.
  • Period: to

    Gran fortaleza da economía tradicional

    Nos dous primeiros terzos do s. XIX a economía tradicional amosa unha gran fortaleza, máis non vai permanecer inmutable.
    Foméntase a aparición dunha agricultura orientada ao mercado, a cal é o medio de vida da maior parte da poboación. O sistema foral polo que estaba condicionada impediu a introducción da agricultura capitalista en Galicia.
  • Period: to

    Mantemento de estratos sociais

    A perviviencia do foro impediu que a sociedade burguesa entrase con forza na estrutura social galega.
    Sigue presente a fidalguía, que se adapta á nova sociedade, mentres que a Igrexa é a gran damnificada ao perder poder político e exencións fiscais.
    A burguesía foi un grupo social feble e no que tiveron un grande protagonismo sectores foráneos, especialmente os cataláns.
  • Period: to

    Emigración galega

    A emigración galega está presente en todo o século XIX, sendo de difícil cuantificación e superior á española.
    Dentro da península destacan os movementos de carácter temporeiro a Castela e Andalucía relacionados coa sega e a vendimia, aparecendo con forza na segunda metade do século a emigración ultramariña.
  • Period: to

    Caída do crecemento demográfico

    Fronte ao lixeiro crecemento demográfico ate o 1804, dáse unha caída de máis dun 9% da poboación, asistindo a un periodo de grandes fluctuacións demográficas.
  • Primeira constitución en España

    Primeira constitución en España
  • Period: to

    Trienio Liberal

    Durante esta etapa recuperouse a constitución de 1812 e toda a lexislación liberal da época.
    Produciuse unha división en 4 provincias sen tradición algunha en Galicia, como a división actual.
  • Period: to

    Novo crecemento demográfico

    A poboación de Galicia e do Estado español experimentan un notable crecemento en contraposición coa etapa anterior.
  • Period: to

    Afianzamento do Estado Liberal

    O Estado Liberal remata por afianzarse neste periodo na que se produce a primeira Guerra Carlista que enfrentaba aos defensores do absolutismo e aos que apostaban pola configuración dun estado liberal. O Carlismo fracasa en Galicia por falta de apoio popular.
  • Period: to

    Moderantismo no poder

    Co mantemento do moderantismo no poder, nesta década impúlsase a inacabada construcción dun Estado liberal segundo os principios do liberalismo doutrinario. Dótase ao Estado liberal dunha estabilidade, mais o seu funcionamento derivou nunha oligraquización e na posta en práctica de actuacións políticas afastadas dos mecanismos legais e institucionais.
  • Levantamento provincialista

    Levantamento provincialista
    O provincialismo tivo como obxectivos a toma de conciencia da galeguidade, a denuncia do atraso e a prostración do noso país e, por último, apelar á unidade dos galegos para unha acción política a través do movemento provincialista. O levantamento de 1846 foi resultado da alianza conxuntural de distintas posicións políticas: o reformismo moderado, un sector do progresismo que buscaba unha transformación do réxime e o provincialismo.
  • Period: to

    Unión Liberal

    Neste período prodúcese en Galicia a renovación da representación política. Os deputados vanse dividir en tres grupos: os novos, os reselados e os enfeudados.
  • Period: to

    Sexenio Revolucionario

    É o resultado dun desexo de cambio do modelo de Estado liberal en España. En Galicia tiveron un especial protagonismo os progresistas e os republicanos. Estes últimos chegaron a sublevarse para constituir unha República Federal.